24 de janeiro de 2008



Entrevista a LAURA SEARA SOBRADO

F.R. e V.A.
Fotos M.V.R.

Naceu en Allariz (Ourense) o 20 de marzo de 1975. Solteira.
Licenciada en Dereito
Avogada e Consultora
Sª de Movementos Sociais das Juventudes Socialistas de España (1999-2001)
Sª de Organización das JSE (2001-2003)
Deputada no Parlamento de Galicia
Vicepresidenta do Consejo da Juventud de España (1999-2002)



Como é traballar en política sendo unha muller nova?

Sendo muller e moza hai que traballar o triplo, primeiro por muller e logo por moza.
As mulleres teñen que traballar un pouco máis que o homes, sempre un pouco máis por ser muller.

Que función corresponde aos mozos na sociedade?

Eu creo moito na organización , sempre crin no grupos e na autoorganización dos cidadáns. Penso que se es unha gran figura e unha persoa moi brillante podes destacar, sexas unhas política ou político, un artista, sexas intelectual ou o que sexa. Pero se consegue moito máis en grupo. Na participación en grupo conséguese moito máis. E o asocianismo é fundamental, na política e no movemento estudantil , no movemento cultural, e o movemento ecoloxista fundamental. E eu creo que hoxe estamos pasando por unha crise na participación, eu creo que importante.
Primeiro porque o modelo non está definido e non imos agora a pornos a discutir se queremos un voluntariado activo ou pasivo ou se queremos unha sociedade cun voluntariado que só se cuestione pida esas dúas horas de traballo á comunidade como chaman algúns ou se che preguntas a ti mesmo que tipo de compromiso queres adquirir coa sociedade na que vives.
Pero aparte diso se non tes un modelo definido a xente nova hoxe participa menos ou busca outras canles de participación. Ou o que eu creo que sucede é que o estado, as institucións non están facilitando os espazos de participación.
Cambio moitísimo co actual goberno, pero oito anos de goberno de dereitas fan madeixa na poboación Porque claro non se quere un tecido asociativo potente e menos aínda xuvenil porque sabes que é moi perigoso, unha sociedade organizada con movementos asociativos é moito máis difícil de controlar.
E a esquerda pola contra chega ao poder xustamente da man da sociedade organizada, a sociedade critica . Da man como chegamos nós da man dun non á guerra, un non clarísimo á política internacional, un non á política educativa, un non á lei orgánica de universidades., cara a moitos anos que os estudante son saía á rúa.
Unha vez que chega ao goberno esa esquerda organizada, se desmoviliza ese movemento, soa así mesma.
Eu vexo unha mocidade estupenda, eu creo que esta aparecendo unha xeración de creadores e creadoras moi interesante no mundo do cine, no mundo da literatura, sobre todo de muller, ata na literatura galega. Eu vexo á mocidade ben, un movemento importante pero fai falta un espazo onde a xente poida participar máis, non ao meu nivel de estado, porque esta o consello de mocidade que funciona, pero eu creo que faltan concellos de mocidade municipais e probablemente esteamos fronte a unha crise da participación xuvenil. E esta creo que é un materia para este goberno, que eu estou segura vai gañar as eleccións, non pendentes pero se que están aí, máis que nada a nivel de participación.
Eu véxoa ben pero hai que facilitar máis as cousas, pero agora cando a comparo coa situación , non só a só asociativa senón a nivel político ou por exemplo sindical, con outros países da contorna europea. A situación de España é hoxe moi boa, pero isto non é froito da casualidade, é froito de que unha dirección política en momento determinado decidiu que o partido socialista tenia que ter outra estratexia, apostando pola formación de cadros.
Por certo esta é un xeración que ten que sufrir a satanización da dereita, o botellón. Por favor para ben para mal a xente sempre bebe, iso que sucedeu . S e colgaron carteis aos mozos. Esta xeración qe ten problemas serios, como a emancipación . Un mercado da vivenda totalmente inaccesible, en Madrid unha persoa non pode vivir soa, tampouco o ten fácil para facelo coa súa parella, a taxa de natalidade máis baixa é a de Galicia e iso non é casualidade, é que non queren senón que non se pode.
Eu creo nesta temática con maior ou menor éxito este goberno deu solucións sobre a mesa, hoxe a situación laboral e da vivenda é mellor hoya hai unha axuda de 200 euros para a emancipación o que ata beneficia á xente do campo que están na o agraria.
É unha medida concreta seria a un problema principal.
Son as mulleres de novo as que o ten máis difícil no mercado laboral.

Pensás que a mocidade esta impulsada a xerar medidas a xerar espazos?

Eu creo que cada vez me atopo máis xente nova en comités d empresa, en política. Eu noto que a participación de mozas e mulleres.

Cres que os colectivos de mozos o feito que teñan máis difícil o acceso a un espazo?

Se, mira hai unha frase moi bonita Mick Jagger dixo cada paso que unha xeración de mozas nunca a historia o desanda e é verdade, os Rolling Stones non son precisamente un grupo comprometido pero a frase gústome moito, cando un grupos de mozos decide dar un paso a diante ese paso xa non o desanda ninguén.
Polo tanto os paso que se están dando hoxe é o que vai pasar en tres ou catro anos. Eu non se cantos deses mozos volveranse adultos prematuros pero é certo que iso xa non se vai desandar.
Repítese o do xeración máis preparada da historia, e saio repetido pero por exemplo a xeración da transición contorna á cal xerar un grupo de creadores e creadoras coa cal España non volveu ser a mesma.

Hai curiosidade en España entre os mozos polos movementos dados en Sudamérica?

Hai en todos os organismos hai sección de política internacional, pero estamos falando de política internacional non de política exterior. Hai moito en materia asociativo, pero no ámbito exterior é unha materia pendente. Salvo Galicia que institucionalmente falando ten algo armado .

Como muller como foi estar en política?

Hai un movemento feminista que empeza con Xusta Montero nos 70 despois con compañeiras como Maria Xose Porteiro que pelexaron nesta cuestión. Hai un traballo que nos atopamos, todo un movemento feminista ao que hai que dicilo o partido socialista abriulle as portas, aínda que hai moito para facer e escribir xa había moito feito. O que se plateo este movemento é que as mulleres non eramos un colectivo senón que as mulleres eramos a metade da poboación entón o que tiñamos que facer eran políticas transversais sen que isto significará transparentes. Tendo esa premisa entramos a traballar e deixamos de chamar secretarias de igualdade da muller. A loita foi tremenda e son unha persoa que se encontro case todo boto pero lles podo dicir que ata a transición as mulleres en España non podían abrir unha canta bancaria, as mulleres en España non podían asinar un contrato, non podían saír do país sen permiso do seu pai, o seu marido ou do seu irmán, non podían rexistrar inventos por que a lei dicía que os inventores tiñan que ser home entón as mulleres investigadoras ou científicas non podían rexistrar os seus logros.
Avanzouse moito pero aínda queda moito por fai cobramos un 25 por cento menos traballando no mesmo sitio no mesmo posto, non hai mulleres reitoras aínda que somos maioría nas universidades, non hai mulleres directoras nos medios aínda que somos maioría nas redaccións.
A lei de igualdade regula para que quen non é tratado igual tráteselle diferente para que sexa igual, a discriminación positiva.

Sem comentários: